Dende Berdoias na C-552, A Coruña-Fisterra, temos dúas posibilidades, 1ª posibilidade: seguir dirección Fisterra, no Km. 87´9 (Lobelos) desviarémonos a dereita dirección Pereiriña; ao chegar a Pereiriña tomaremos un desvío a esquerda dirección Lires (OP-2301), de aquí a 1,6 Km. tomaremos outro desvío a dereita dirección Touriñán e seguiremos todo dereito hasta chegar a Frixe a altura da igrexa onde xa se encontra Casa Ceferinos.
2ª posibilidade: seguir en Berdoias dirección Muxía pola AC-440 hasta chegar ao Km. 10,6 en Os Muiños, onde tomaremos un desvío a esquerda dirección Vilarmide (OP-2303), seguiremos hasta Vilarmide 5,2 Km. onde teremos que xirar a dereita xunto a un Bar-Supermercado dirección Santa Mariña, por onde seguiremos hasta a altura dunha Capela tomando dirección Touriñán a esquerda; ao chegar a Bardullas xiraremos a esquerda de novo dirección Frixe onde xa se encontra Casa Ceferinos.