A historia desta casa arrinca
cando o cabeza de familia , Elías Rodríguez González, herda (do fundador
Evaristo) a casa familiar na que creceu cos seus sete irmáns e continúa a
labor agraria que aprendeu dos seus pais. Ao pouco tempo de tomar as rendas da
explotación sorpréndeo unha grave enfermidade que lles obriga a trasladarse a Muxía onde se ven
obrigados a abrirse un novo camiño.
Os anos pasan e a familia
progresa. O bo facer de Lita na cociña e a laboriosidade dos seus fillos lles
permite habrir o bar Winpe e, máis tarde, o restaurante O Coral, dous referentes
da hostelería muxiana.
A enfermidade vai facendo mella en Elías
ata que o vence no 2003, antes de que puidese facer real o seu
maior desexo: volver a Frixe e converter a vella casa da
familia nun establecemento de turismo rural.
Agora, seis anos máis tarde e
logo de 18 meses de obras, a súa idea por fin viu a luz. A vocación
empresarial dos seus fillos e, sobre todo, a do seu xenro Manuel, converteron o
caseirón de 1900 nun bonito refuxio de 10 habitacións, que combinan a
comodidade do hidromasaxe co sabor auténtico dunha vivenda agraria de principios
do século pasado.
As habitacións foron bautizadadas (na súa honra), co
nome do fundador Evaristo e da súa esposa Manuela,
cada un dos oito fillos deste: Elias e Lita
(herdeiros da casa) , Jaime, Lelo, Jesús, Concha,
María, Arosita, e Sanita e finalmente o último
nome de habitación que se reservou para os creadores do
proxecto: Alvaro e Chus.